miércoles, 26 de enero de 2011

Xénese

Fai tempo xa que decidín non volver expoñer meus sentimentos. Pero non podo evitalo, son extrema e irracionalmente emoción pura. Agochar todo este alboroto de pensamentos as veces resulta difícil, outras insoportable. Pero publicar estes sentimentos non é unha necesidade, nin unha vía de escape. O que realmente quero, ou me gustaría, é transmitir as emocións. Esas emocións que nos queiman por dentro, nos destrúen e nos fortifican, facéndonos sentir vivos. As mesmas que non somos capaces de controlar sós e que nos afunden nun océano do que non sabemos emerxer, onde sempre fai a mesma temperatura pero que de cando en vez un raio de sol reflicte na superficie.
A partir de agora, o que eu queira dicir, direino coa cara por diante e procurando non envolverme nunha burbulla, porque este son eu e atópome fronte un mundo cheo de posibilidades e cousas por descubrir. Pero non estou so, porque nesta viaxe sempre me acompañarán miña familia e meus amigos, a outra familia, tanto os que están como os que non, en quen deposito a miña plena confianza a pesares de ser vilmente traizoado en repetidas ocasiones.
Porque non son capaz de deixar que me amen, pero en compensación eu amo desmesuradamente a todos os que me rodean, da mesma maneira aos que me rodearon. E non se necesita saber máis de min para saber que todo o que escriba fareino desde o corazón e para todos.